Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A compañía do Trinke Trinke presenta o venres “Os soños na Gaiola” teatro infantil ás 20,00 h.

26/02/2009

A compañía do Trinke Trinke presenta o venres "Os soños na Gaiola"

A obra é unha homenaxe ao escritor Manuel María

 

Mércores, 25 de febreiro de 2009.  O público infantil é o destinatario da obra que a Concellería de Cultura de Tui presenta este venres no Teatro Municipal. Trátase de "Os soños na Gaiola" a cargo da Compañía do Trinke Trinke.  A función comezará ás 20h e está indicada a partir dos 4 anos.

 

David Pernas é o director da obra, e ao tempo acto xunto a Vanessa Rivas. Xuntos dan vida a un avó e a súa neta.  

 

Esta obra é unha homenaxe ao poeta Manuel María e nela danse a coñecer parte dos poemas do seu libro Os soños na gaiola. Na función Trinke Trinke presenta aos nenos os poemas do escritor ao través da música e o xogo. A acción transcorre nun piso dunha cidade, onde sentado nun sofá dorme un velliño que ata hai pouco vivía na súa aldea. A súa familia levouno a cidade para que non estivese só. Un día recibe a visita da súa neta, xa moza, e xuntos lembran os tempos pasados na aldea.

 

Dan vida a esta peza teatra Vanessa Rivas e David Pernas, quen exerce tamén de director.

 

A Compañía do Trinke Trinke creouse en 1995 empregando o teatro como unha ferramenta ao servizo da educación. As obras A Princesa e a Pardela (1999), Roque e os Pitiflautas (1997) e O Gatipedro (1998) naceron en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia para promocionar a música clásica entre os nenos.

 

Trinke Trinke leva a cabo ou colabora en programas de animación á lectura mediante o teatro nas Bibliotecas de A Coruña, Cambre e Oleiros, entre outras moitas. Os seus personaxes "os ratos da biblioteca" son coñecidos por toda Galicia.

 

As entradas teñen un prezo de 3€ , 2€ con desconto e  para os menores de 12 anos, e están xa á venda en www.culturatui.info, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes do Teatro Municipal.

 

Compañía do Trinke Trinke con "Os soños na Gaiola"

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora:  Venres 27 de febreiro ás 20h

Prezos: 3€ - 2 € con desconto e 2€ para os menores de 12 anos

Venda de entradas: en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica.