Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Como entrenar a tu dragón 2” proxectarase este sábado na Praza de San Fernando

30/07/2015

Xoves, 30 de xullo de 2015.  Este sábado día 1 de agosto, ás 22.30h. proxectarase totalmente de balde a película infantil  "Como entrenar a tu dragón 2" na Praza de San Fernando.

No filme de animación relataranse os cinco anos que pasaron desde que Hipo empezou a adestrar o seu dragón, rompendo a tradición viquinga de cazalos. Mentres realiza unha carreira cos seus amigos, descobren unha cova cuberta de xeo, que resulta ser o refuxio de centos de dragóns salvaxes, ós que coida un misterioso gardián.

En caso de chuvia proxectarase no Teatro Municipal, polo cal o aforo para ver a película sería limitado sendo preciso retirar dúas entradas de balde por persoa media hora antes do comezo do filme. As seguintes películas a proxectar, tamén ás 22.30h. serán La Lego Película o vindeiro sábado 22 de agosto e Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo, o sábado 29 de agosto.