Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A comedia “Eroski Paraíso” de Chévere abre a programación de outono no Teatro Municipal

6/10/2016

Será este venres ás 21.30h protagonizada por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Cristina Iglesias

Unha comedia documental abre este venres a programación cultural de outono no Teatro Municipal de Tui. A compañía de teatro Chévere presenta “Eroski Paraíso”  unha obra escrita por Manuel Cortés e dirixida por Xron. Sobre o escenario estarán Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luís Martínez.

“Eroski Paraíso” é a primeiro produción de Chévere logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. É froito dun proceso de documentación sobre a sala de festas “Paraíso” que funcionou en Muros entre 1972 e 1990 e que logo se transformou nun hipermercado. De trasfondo na obra está o desmoronamento do estado do benestar ao través do retrato do desarraigo vital de toda unha xeración.  Os protagonistas son  Eva Martínez, interpretada por Patricia de Lorenzo, e Antonio Formoso a quen da vida Miguel de Lira. A súa historia é retratada nun documental pola súa filla Álex, interpretada por Cristina Iglesias, motivo que a parella volve reencontrarse en Muros tras unha longa separación.

A obra está recomendada para público adulto a partir dos 12 anos e ten unha duración de 90 minutos. As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata este venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.

 

Chévere con Eroski Paraíso

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 7 de outubro, ás 21.30h

Venda de entradas: na web www.culturatui.info ata este venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes

 

Prezos:  6€ e 4,5€.