Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Colocados dous contedores para a recollida solidaria de tapóns na praza de Abastos e no Punto Limpo

28/09/2020

O Concello de Tui colabora coa Asociación TaporelMun, coa colocación de dous contedores para a recollida de tapóns de plásticos no exterior da Praza de Abastos, e no exterior do Punto Limpo. 

Deste xeito o Concello aposta non só pola reciclaxe destes produtos, senón que se suma a unha causa solidaria, xa que os cartos recadados con estes tapóns teñen un fin social. En concreto a segunda campaña que está arestora en marcha busca axudar a un neno de 3 anos que padece unha enfermidade rara denominada Metabolopatía por déficit de CPS-1.