Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Coa presenza maña sábado da Ciclobiblioteca iniciase a celebración do Día da Biblioteca

19/10/2007

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA O “DÍA DA BIBLIOTECA” CON DIVERSAS ACTIVIDADES

COMEZAN O SÁBADO 20 COA PRESENZA DA “CICLOBIBLIOTECA” 

O vindeiro 24 de outubre celébrase o “Día da biblioteca” unha celebración que iniciada pola asociación de “Amigos do Libros Infantil e Xuvenil” na actualidade é xa unha cita ineludible no calendario da bibliotecas de España e Galicia.A celebración desta xornada ten como obxectivo contribuír a estallar a imaxe das bibliotecas, especialmente as de carácter público, como un equipamento cultural imprescindible para o desenvolvemento social e como unha ferramenta idónea para a formación e o lecer dos cidadáns.  

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza diversas actividades de animación para conmemorar este “Día da Biblioteca”: 

Sábado 20 de outubro, ás 12,00 h.: CiclobibliotecaTrátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e da Asociación Cultural “Papaventos”, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui, que está percorrendo numerosas localidades de Galicia desenvolvendo actividades de promoción da lectura e de sensibilización cara o medio ambiente. A ciclobiblioteca porta un fondo bibliográfico adaptado aos lectores novos, sen esquecer as necesidades dos adultos, cunha temática en gran parte relacionada co medio ambiente nun número aproximado de 200 volumes. A ciclobiblioteca ven acompañada de actividades de animación á lectura que promoven por medio de xogos e debuxos a utilización responsables dos recursos, o coidado do patrimonio natural e cultural e a igualdade de xénero nas responsabilidades diarias.

 Martes 23 de outubro a 4 de novembro: Exposición “María Mariño, cantiga da costureira poeta”É unha exposición dedicada á figura da poeta María Mariño Carou a quen está dedicado neste ano 2007 o “Día das Letras Galegas”. Esta exposición organizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia pretende divulgar a súa figura para nenos de entre 4 e 10 anos. Unha serie de paneis cos textos manuscritos do finado Xosé Agrelo e os óleos orixinais do ilustrador Alfonso Costa integran esta exposición. 

Mércores 24 de outubro, 18,00 h.: contacontos con Soledad Felloza:Para conmemorar cos nosos usuarios máis cativos a celebración do “Día da Biblioteca” haberá unha sesión de contacontos a cargo de Soledad Felloza.Docente, actriz e dramaturga Soledad Felloza posúe unha ampla experiencia no teatro e na narración oral, especialmente en relación co público infantil ámbito no que ten desenvolvido especialmente a súa traxectoria profesional. 

Amais na Sala Municipal de Exposicións podemos contemplar unha exposición de pintura do ilustrados Manuel Uhía, que amosa una colección da súa produción artística xunto ao tamén pintor Xulio Rodríguez. Manuel Uhía, con máis de 90 libros especialmente de literatura infantil e xuvenil ilustrados, é un dos principias referentes da ilustración en Galicia e achégase agora ata Tui para amosarnos a súa última produción.