Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Coa lectura do pregon e a coración de raiñas e damas comezan o sábado as festas de San Telmo

31/03/2010

Terá lugar o sábado ás 19h no Teatro Municipal

A coroación das raíñas abre as Festas de San Telmo

Xose Areses dará lectura ao pregón dos festexos

 

 

Mércores, 31 de marzo de 2010. As festas patronais na honra a San Telmo comezan de xeito oficial este sábado ás sete da tarde no Teatro Municipal de Tui coa coroación das raíñas das festas e a lectura do pregón.

 

Trátase dun acto solemne que estará presidido polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e os membros da corporación municipal. No mesmo serán nomeada coma raíña infantil das festas Tatiana Alonso Pérez, que estará acompañada por Rocío Pazos García e Marta Romero Salgueiro coma damas de honra. Mentres a designación de raíña xuvenil recaeu en María Otero Díz, sendo as súa damas Lupe Pérez Fuente e Jessica Casal da Veiga Pazos. Elas serán as encargadas de representar á poboación tudense nos diversos actos durante as festas.

No transcurso do acto intervirán o Alcalde de Tui e un representante da Comisión de Festas,  pechándose o mesmo coa lectura do pregón a cargo de Xose Areses Vidal.

O Concello de Tui aposta un ano máis por un tudense para este cometido. Areses Vidal ten 35 anos e Licenciado en Dereito, Máster en "Gestión y Análisis de Políticas Públicas" pola Universidade Carlos III de Madrid, ten cursado estudios en el IESE  e no European Institute of Public Administration (Holanda). Dende 2003 pertence ao Corpo superior de Administradores Civís do Estado. Ten desempeñado distintos postos no Ministerio de Agricultura e no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Na actualidade é Subdirector na Dirección General de Cooperación Autonómica do Ministerio de Política Territorial. Tamén ocupa o cargo de coordinador da área de Conferencias Sectoriais e titular da "Oficina para las Lenguas Oficiales en la Administración General del Estado".

Ao comezo do acto será entregado a Silvia Villaverde o premio do II Concurso do Cartel anunciador das festas convocado pola Concellería de Cultura.

 

Coroación das raíñas e lectura do pregón

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Sábado ás 19h