Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe de Tui

29/05/2012

O pasado venres 25, no novo pavillón deportivo municipal, celebrouse o acto de clausura das escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tui.

 

As máis das 140 nenas e nenos das escolas de patinaxe, que levan participando na actividade dende o mes de outubro, demostraron por grupos o seu progreso, ante os aplausos do numeroso público que asistiu ao pavillón tudense.

 

No acto tamén participou o Club Ribex de Porriño, que presentou dous shows, un de parella e o outro, o que presentará na Copa de Europa que se celebrará no mes de xuño en Francia.

 

Tralas demostracións dos grupos, o Deputado provincial, Pablo Baquero, xunto cos Concelleiros de Tui, Nicolás Lorenzo, José Ángel Villaverde e Vanesa Rodríguez, entregaron a cada unha das participantes un diploma e unha medalla, así como un ramo de flores á monitora Seila Alonso, quen se despediu dos grupos tudenses tras cinco anos como responsable.