Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Charla informativa sobre a factura eléctrica na Área Panorámica de Tui

12/06/2014

 

Xoves, 12 de xuño de 2014. O vindeiro mércores 18 de xuño,ás 19:30h, terá lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica de Tui unha charla informativa sobre as diferentes opcións para poder aforrar na  factura eléctrica dos fogares.

 

A diversidade normativa e a súa complexidade fan difícil para o público en xeral coñecer os mecanismos de funcionamento do mercado, os dereitos e obrigas dos usuarios ou mesmo a diversidade de fórmulas de contratación , de tarifas e de prezos.

 

Co fin de achegar un maior coñecemento dos conceptos relativos á electricidade, a Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores organiza esta charla informativa da man dun técnico que informará aos asistentes sobre as diferenzas e características do mercado regulado e o mercado libre, as  diferentes opcións para contratar electricidade ou cuestións a ter en conta para aforrar na factura.