Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A charla “Educación sexual e a educación en igualdade” pecha as xornadas “Educar para protexer”

25/05/2016

Mañá xoves, 26 de maio,  rematan as xornadas “Educar para protexer” organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Mañá ás 18h a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá a charla “Educación sexual e a educación en igualdade” a cargo de Encarnación Sueiro Domínguez, doutora en psicoloxía e licenciada en pedagoxía, e psicóloga clínica do Centro de Orientación Familiar “Nóvoa Santos” do SERGAS

Estas xornadas abordaron os últimos xoves de mes dende febreiro como fomentar a autonomía dos fillos, os hábitos de estudo, o uso seguro de internet e os teléfonos móbiles.