Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A casa do concello de Tui deixará de abrir os sábados pola mañá

5/10/2016

A casa do concello de Tui deixará de abrir os sábados pola mañá dende este sábado 7 de outubro.  Esta decisión vén motivada pola entrada en vigor o pasado 2 de outubro da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que recolle os sábados coma día inhábil a efectos do cómputo de prazos.    Como até o de agora o único servizo que se prestaba os sábados era o de Rexistro para a presentación de documentos, de agora en diante a casa do concello non abrirá os sábados.


O horario de atención ao público e de Rexistro no Concello de Tui é de luns a venres de 9 a 14h.