Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Cantos Somos con “La alcaldía tenía un precio” gañadores do desfile-concurso de Entroido en Tui

12/02/2018

“A maxia do pavo real” da Asociación Entroido de Pexegueiro fíxose co primeiro premio en Carrozas e Acompañamento Musical, e o terceiro na xeral

Miles de persoas  disfrutaron esta tarde en Tui do desfile concurso de Entroido no que se deron cita 15 comparsas, 21 carrozas e máis de 1.100 persoas desfilando.

A comparsa tudense Cantos Samos foi a gañadora absoluta do desfile-concurso coa sátira da política local baixo o título “La alcaldía tenía un precio”, foi amais 5ª en carrozas e segunda en acompañamento musical.

O segundo premio na categoría absoluta foi para “Picoña o rescate” da Asociación Cultural en Loureiro Coma Sempre de Salceda cunha representación dos servizos sanitarios e forzas policiais. Tamén se levaron o segundo premio en carrozas.

A Asociación do Entroido de Pexegueiro, de Tui, con “A maxia do pavo real” cunha homenaxe aos comezos do Entroido  e cun gran pavo real animado leváronse o primeiro premio en carrozas, o primeiro en acompañamento musical e o terceiro na categoría absoluta.

Na categoría absoluta o cuarto premio foi para a asociación Arume de Malvas con “O corte-yo de Tui-Éncheste-in” cunha parodia da política local.  O quinto correspondeu ça “Jumanji” da Asociación Cultural Borralliño de Soutelo co xogo de mesa que trae a xungla á cidade. O sexto premio na categoría absoluta correspondeu á Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei coa homenaxe ao rock e a Tui con “O Concello máis heavy”. Por último o sétimo premio correspondeu á comparsa Luces Gran Casino Las Vegas de Tomiño coa representación dun casino.

A homenaxe ao mundo da arte con recreación dos cadros máis famosos realizado pola Asociación Cultural Talismás de Budiño levouse o premio nas Comparsas de Fantasía dotado con 250€ e trofeo.

Amais hoxe entregáronse catro premios conmemorativos ás comparsas que levan máis de 10 anos participando no desfile coma Cantos Somos, que levan 30 anos, Luces de Tomiño con 21 anos de participación, O Borralliño de Soutelo con 15 anos, o Entroido de Pexegueiro por 14 anos de participación no Entroido tudense.

Gañadores Absolutos

  1. La alcaldía tenía un precio – Cantos Somos. Tui
  2. Picoña o rescate – Asociación Cultural En Loureiro Coma Sempre. Salceda
  3. A maxia do pavo real – Asociación Entroido de Pexegueiro. Tui
  4. O corte-yo de Tui-Éncheste-in – Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas. Tui
  5. Jumanji – Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo. Salceda
  6. O Concello máis heavy – Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei. Tui
  7. Comparsas Luces Gran Casino Las Vegas – Asociación Comparsa Luces de Tomiño

Carrozas

  1. A maxia do pavo real – Asociación Entroido de Pexegueiro. Tui
  2. Picoña o rescate – Asociación Cultural En Loureiro Coma Sempre. Salceda
  3. Comparsas Luces Gran Casino Las Vegas – Asociación Comparsa Luces de Tomiño
  4. Jumanji – Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo. Salceda
  5. La alcaldía tenía un precio – Cantos Somos. Tui
  6. Un mundo máxico San Xurxo – Asociación Cultural e Deportiva San Xurxo. Salceda

Acompañamento musical

  1. A maxia do pavo real – Asociación Entroido de Pexegueiro. Tui
  2. La alcaldía tenía un precio – Cantos Somos. Tui
  3. O Concello máis heavy – Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei. Tui
  4. Con un as na manga – Asociación Carnavales de Mañufe. Gondomar

Fantasía

  1. Talismán Vive el arte – Asociación Cultural Talismás de Budiño. Salceda