Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cancelado o espectáculo “Jiñol” de Títeres Trompicallo previsto para o 25 de agosto

11/08/2016

Por causas alleas ao Concello de Tui tivo que ser cancelado o espectáculo “Jiñol” a cargo de Trompicallo previsto para o xoves 25 deste mes dentro da programación cultural do verán en Tui.

Lembramos que ao abeiro desta programación este sábado celébrase a VI Festa do Miño. Amais haberá dúas proxeccións de cinema o venres 19 “Os Minions” e o venres 26 “Os pingüíns de Madagascar” na Praza de San Fernando. Amais o sábado 20 ás 22h terá lugar o XXV Festival de Bandas de Música.