Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campeonato de Galicia e Interterritorial Norte de Fisioculturismo e Fitness no Teatro Municipal

20/05/2011

Este sábado celébrase no Teatro Municipal o Campionato de Galicia e Interterritorial Norte de Fisioculturismo e Fitness



Xoves, 19 de maio de 2011.
O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado o Campionato de Galicia e o Interterritorial Norte de Fisioculturismo e Fitness.

 

O Campionato Galego celebrarase a partir das dez e media da mañá coa participación de 40 persoas nas distintas modalidades. Os mellores clasificaranse para o Campionato Interterritorial Norte que se disputará a partir das cinco da tarde, e onde amais dos galegos tamén participarán castelá leoneses, vascos, asturianos, cántabros e navarros. A entrada para presenciar os dous campionatos ten un custe de 15€.

 

A presentación do Campionato tivo lugar esta mañá na Casa do Concello coa presenza do Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, o Presidente da Federación Galega de Fisioculturismo e Fitness, Ramón González e o fisioculturista, Gabriel Opare.

 

Moisés Rodríguez, explicaba que é a primeira vez que se celebra este evento no Teatro, xa que hai oito anos tivera lugar no pavillón. Explicaba que para Tui acoller calquera actividade cultural ou deportiva sempre é importante, e apuntaba que redundará en beneficio da economía local.

 

Ramón González, presidente da Federación Galega de Fisioculturismo, agradecía ao concello as facilidades para acoller estes dous campionatos, destacando que o Teatro é un lugar óptico para a súa celebración. Os participantes chegarán xa mañá a Tui para aloxarse na cidade. Apuntaba que estarán aquí os mellores fisio de Galicia e do norte de España, que están a moi bo nivel ante a celebración a próxima semana en Guadalajara do Campionato Nacional.  Agardan que haxa moito público tanto pola mañá coma pola tarde no Teatro.

 

Por último o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, agradeceu á Federación Galega a celebración desta campionato en Tui , que dicía redundará en beneficio dos cidadáns e da economía local., desexando que teña moito éxito.

 

Campeonato de Galicia e Interterritorial Norte de España de Fisioculturismo e Fitness 2011

Data: Sábado, 21 de maio de 2011

Hora:  

-         

Ás 10.30h Campionato Galego. Participan 40 deportistas.

-         

Ás 17.00h Campionato Interterritorial Norte de España. Participan 60 deportistas de Galicia, Castela León, País Vasco, Asturias, Cantabria e Navarra