Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Camara Municipal de Valença organiza unha visita ao conxunto histórico de Tui este sábado 15 de maio

12/05/2010

A CAMARA MUNICIPAL DE VALENÇA ORGANIZA UNHA VISITA GUIADA Á CIDADE DE TUI ESTE SÁBADO 15 DE MAIO

 

Mércores, 12 de maio de 2001. Este vindeiro sábado, 15 de maio, a Cámara Municipal de Valença do Minho organiza, en colaboración con el Concello de Tui una visita guiada ao conxunto histórico tudense. Este percorrido dará comezo ás 09,30 horas (de Valença) ou 10,30 horas (de Tui) no recinto da antiga alfándega de Portugal, concretamente na escultura "Ritmo de primavera" unha obra de referencia na arte do Estado Novo de Portugal.

 

Dende alí os participantes percorrerán o camiño de Santiago ata o casco histórico tudense e visitarán aqueles elementos más destacados da cidade de Tui, con especial referencia á Catedral de Santa María, principal símbolo do patrimonio tudense.

 

Esta actividade enmarcase dentro dos "percursos pedestres, histórico-cultural" que periodicamente organiza o Núcleo museológico de Valença para a difusión do seu patrimonio cultural. A asistencia é libre e gratuita.

 

A organización conxunta desta actividade é saudada con especial satisfacción polo concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, que salienta que este evento é o inicio dunha máis estreita cooperación entre ambos municipios no ámbito cultural. Ao tempo agradece á Cámara Municipal de Valença esta iniciativa e o seu interese por levala adiante para contribuír ao mutuo coñecemento entre ambas cidades.