Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Cabalgata Internacional de Reis tudense sairá ás 17,00 h. dende Valença do Minho

3/01/2011

 

A Cabalgata Internacional de Reis saíra ás 17h dende Valença


Dúas horas despois os Magos chegarán, entre tres magníficas carrozas, ao Paseo da Corredoira en Tui

No seu percorrido repartirán maís de 1.500 quilos de caramelos

 

Luns, 3 de xaneiro de 2011.  Este mércores, 5 de xaneiro de 2011, celebrarase a tradicional Cabalgata de Reis en Tui que ao igual que o ano pasado terá carácter internacional organiza de xeito conxunto polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença. Sairá ás cinco da tarde dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença, a carón da sede dos Bombeiros Voluntarios. Dende aí iniciará o seu percorrido por terras valencianas ata cruzar a vella Ponte Internacional para subir cara ao centro de Tui pola Avenida de Portugal, a rúa Martínez Padín, Augusto González Besada, e Paseo da Corredoira, onde está previsto que chegue a comitiva real entorno ás 19h.

 

No seu percorrido os Magos de Oriente repartirán máis de 1.500 quilos de caramelos, aportados polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença. No seu percorrido inicial serán agardados polos nenos dos centros escolares valencianos. Xa nas rúas tudenses maiores e pequenos recibirán aos Reis Magos con moita ilusión.

 

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tres excepcionais carrozas acompañados por unha comitiva de máis de 150 persoas, xunto as carrozas das Asociacións "Santa Columba" de Ribadelouro, "Seixos Albos" de Areas, e dúas de Valença do Minho. A parte musical correrá a cargo da Rondalla do Centro Cultural "O Mosteiro" de Pexegueiro, sendo escoltados pola Policía Local, os Bombeiros Voluntarios de Valença, unha ambulancia, Protección Civil, e a Garda Nacional Republicana.

 

A súa chegada ao Cantón de Diomedes, no Paseo da Corredoira, os Magos farán a súa ofrenda no Belén Vivinte e despois recibirán aos nenos e nenas que queiran achegarse a saudalos, repartindo entre eles mil globos.

 

A Cabalgata de Reis está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Policía Local, Protección Civil,  o grupo scouts "Alhoia", os Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho, os diferentes departamentos do Concello de Tui, e as Asociacións Culturais "Seixos Albos" de Areas, "Santa Columba" de Ribadelouro, e da Asociación Cultural "O Mosteiro" de Pexegueiro.  Este ano tamén  compre salientar a colaboración da GNR, do Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro, e da  Cámara Municipal de Valença. Do mesmo xeito é importante a colaboración dos cidadáns de Tui e a comarca para o bo desenvolvemento desta actividade.

 

 

Cabalgata de Reis en Tui

  • Data: Mércores, 5 de xaneiro  de 2011 ás 17 h
  • Percorrido:Dende o Albergue de Peregrinos de Valença ata o Paseo da Corredoira en Tui
  • Organiza: Concellería de Cultura