Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Brath e Faltriqueira en concerto o venres no Teatro Municipal de Tui

27/09/2007

Brath e Faltriqueira en concerto este venres en Tui Actuarán no Teatro Municipal  no marco do programa “Vai de Camino” 

Mércores, 26 de setembro de 2007.”.

Os grupos  Barth de Lugo e Faltriqueira de Pontedeume ofrecen un concerto este venres, 28 de setembro, ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. Chegan á cidade  no marco do programa “Vai de Camiño” que organiza a Consellería de Innovación e Industria e o Xacobeo en colaboración coa Concellería de Cultura de Tui. 

Brath chega a Tui no marco da xira do seu 25 aniversario. O grupo está formado por Eloi Caldeiro, Pablo Varela, Paulo, Castor, Oles, Gon, Vazdin e Pablo Pérez.  Neste cuarto de século esta formación que lidera Eloi Caldeiro gravou 7 CDs e varias bandas sonoras para cine, televisión e participou en discos colectivos e recompilatorios. En 2001 estiveron nominados aos premios da música co tema “BURKA”  como mellor canción en galego. 

“Efffecto Faltriqueira” é o nome da xira coa que as Faltriqueira, Teresa García, Ana Meira, María López e Carolina Rodríguez, chegan a Tui.  Esta agrupación formouse dándolle vida as cancións recollidas por toda Galicia. Na súa música fusionan a polifonía coa percusión e os instrumentos acústicos. En 2002 presentaron o seu primeiro traballo discográfico “Resistencia” ao que seguirían outros traballos tanto do grupo coma colaboracións con músicos coma Lubre, Mike Oldfield, Kepa Junkera, ou Víctor Manuel. 

No concerto deste venres no Teatro Municipal de Tui poderemos gozar do directo destes dous grupos. As entradas son gratuítas e poden retirarse dende ás 20.30h. 

Brath e Faltriqueira en ConcertoLugar: Teatro Municipal, r/Colón nº2 TuiData: Venres 28 ás 21.30Retirada de localidades de balde dende ás 20.30hOrganiza: Concellería de Cultura de Tui, Consellería de Innovación e Industria e Xacobeo