Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bo Nadal e feliz 2026!

23/12/2025

Solidariedade, concordia, cooperación, paz… son sentimentos que nos caracterizan como persoas e que coa chegada do Nadal se revitalizan e fortalezan, xa que son imprescindibles na nosa vida social e colectiva.

A cooperación, e o traballo conxunto, moitas veces invisible, deixan a súa pegada imborrable en todos nós e unha herdanza colectiva na que nos reafirmamos e da nos sentimos orgullosos. Así acontece coa Catedral de Tui, da que celebramos o 800 aniversario da súa consagración. Este labor colectivo converteuna nunha xoia do noso patrimonio, enriquecida ao longo dos séculos, até converterse hoxe na icona da nosa cidade, das nosas xentes, arredor da que nos sentimos orgullosos e acariñados.

Que a ledicia deste aniversario se sume ao gozo do Nadal.

Cos mellores desexos para un ano 2026 venturoso para todos e todas!

 

 

 

 

 

Bo Nadal !. Que a ilusión guíe o noso camiño. Feliz 2026!