Bo Nadal e Feliz 2024!
A cita anual das festas de Nadal é unha fermosa oportunidade para recuperar os valores que encamiñan a nosa existencia, para rememorar que somos seres cuxa existencia está enraizada na relación, na creación de comunidade. Pois o Nadal nos aprende que todos, ata os máis pequenos, somos imprescindíbeis para os outros.
Nestas datas erguemos a nosa ollada, albiscando no horizonte que agroma con estas festividades, para encontrármonos coas persoas amadas, para compartir xomadas coa familia e amizades, para espertar a nosa solidariedade cos desfavorecidos, para impulsar, conxuntamente, as nosas arelas e esperanzas, os nosos devezos e sonos ... a mellor ferramenta para construírmonos unha vida máis plena e ditosa.
Bo Nadal e feliz ano 2024 para todos!
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.