Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Bliblioteca Municipal celebra o "Día da Biblioteca" o vindeiro Luns cun encontro con Xosé Neira Vila no que participan mil nenos e mozos tudenses

24/10/2011

Con esta actividade abre o programa da “Semana da Biblioteca”

 

A Biblioteca Pública Municipal celebrará o vindeiro luns, 24 de outubro, o Día da Biblioteca, desenvolvendo un encontro entre os escolares do noso municipio co escritor Xosé Neira Vilas. Serán arredor de mil alumnos dos centros educativos do noso concello os que asistan as dúas sesións que a celebrar nesta xornada.

Ás 12,00 horas da mañá serán os nenos e nenas de Educación Primaria e de do Primeiro Curso da ESO os que asistan no Teatro Municipal a este encontro co autor de “Memorias dun neno labrego”. Pola tarde ás 16,30 tócalle é a quenda dos alumnos de Secundaria e Bacharelato os que compartan encontro con Neira Vilas. Son 10 centros escolares os que participan nesta actividade.

Con este encontro a Biblioteca quere sumarse á celebración que por todo a país desenvolvese arredor dos cincuenta anos da edición de “Memorias dun neno labrego”, unha das obras máis lidas da literatura en lingua galega, leva vendidos máis de 600.000 exemplares. “Memorias dun neno labrego” é xa todo un clásico da nosa literatura traducido a múltiples linguas. O seu personaxe central, Balbino, forma parte indiscutible do acervo de personaxes patrimonio literario da humanidade e coas súas vivencias téñense identificado lectores dos cinco continentes.

A concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, agradece, en primeiro lugar, ao escrito Xosé Neira Vila a súa deferencia ao achegarse ata Tui para participar neste encontro e tamén aos centros educativos, e especialmente, ás súas bibliotecas escolares, a cooperación realizada coa Biblioteca Municipal para facer posible este encontro.

Esta actividade abre a programación da “Semana da Biblioteca” que organizada polo centro bibliotecario tudense abrangue un amplo programa de actividades centradas na promoción do libro e a lectura.

Este programa comprende amais as seguintes actividades

-          Martes 25, presentación do libro de Manuel Vázquez de la Cruz: “O punteiro”, 20,00 horas – Sala Felix Rodríguez

-          Mércores 26, contacontos e kamishibai na Biblioteca ás 17,30 h.

-          Xoves 27: tertulia cos Premios da Critica 2010 en lingua galega: Victor F. Freixanes e Marga do Val – 20,00 h. Sala Felix Rodríguez

 

A celebración do “Día da Biblioteca” é unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil que dende 1997 ven promovendo esta efeméride para a difusión do importante papel que cumpren as bibliotecas no desenvolvemento social das persoas e das colectividades e para favorecer o coñecemento pola opinión pública do traballo que realizan estes centros culturais.