A Biblioteca Municipal recoñece aos seus lectores máis constantes
Este sábado entregaranse os diplomas de “Lectores de honra” coincidindo co Día dos Usuarios dos centros bibliotecarios
A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebrará o “Día dos usuarios das Bibliotecas Públicas” este sábado, 10 de xaneiro, ás 11.30 h, recoñecendo aos seus usuarios máis lectores de 2025 nas categorías de infantil e adultos.
Esta é unha xornada de recoñecemento aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois as persoas usuarias son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información da cidadanía.
Así este sábado o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, farán entrega dos diplomas de “Lectores de honra” e dun agasallo aos principais prestameiros da Biblioteca municipal tudense ao longo do ano 2025 nas categorías infantil e adulto-
Os usuarios infantís con máis préstamos foron:
1. Pedro de 11 anos 218 préstamos
2. Rita de 6 anos 118 préstamos
3. Xulio de 11 anos 112 préstamos
As persoas usuarias adultos con máis préstamos:
1. Mª Isabel 102 préstamos
2. María 82 préstamos
3. José Juan 73 préstamos
Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, esta xornada é unha oportunidade de recoñecemento aos lectores e lectoras más activos da nosa Biblioteca Municipal, xa que os usuarios son a razón de existir dunha Biblioteca pública que como no caso de Tui se esforzan permanentemente en conseguir unha máis alta calidade nos seus servizos e na súa oferta para responder ás necesidade e demandas dos seus lectores.





