A Biblioteca Municipal pon en marcha de novo a "Bibliopiscina"
A BIBLIOTECA MUNICIPAL INSTALA DE NOVO A “BIBLIOPISCINA” NOS MESES DE XULLO E AGOSTO
Co inicio do mes de xullo comeza tamén o funcionamento da “Bibliopiscina”, unha iniciativa de achegamento da lectura e dos libros aos usuarios das Piscinas municipais de Tui que promove a Biblioteca Municipal tudense. “Mergúllate nos libros” é o lema co que convídase aos bañistas a completar a súa estadia nesta instalación de lecer coa compañía dun libro, un xeito enriquecedor de ocupar o tempo libre e de descanso.
Logo do éxito acadado no pasado ano, agora de novo nas instalacións da Piscina tudense haberá unha escolma de libros para todas as idades á disposicións do bañistas que atopan así unha nova alternativa para o seu tempo de lecer.O obxectivo último desta iniciativa é, segundo o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez, achegar a lectura aos cidadáns de toda condición; así nos andeis desta Bibliopiscina ofertarase lectura para todas as idades: contos ilustrados para os máis cativos, comic para os mozos e relatos curtos para os adultos.Os usuarios da Piscina Municipal tudense poderán de este xeito enriquecer a súa estadía coa lectura. Trátase dun servizo gratuito e de libre acceso, a única condición é o compromiso do coidado deste volumes que están á disposición de todos.Con esta iniciativa, espallada en numerosos lugares, a Biblioteca Municipal tudense tenta darse a coñecer entre os cidadáns como un lugar de acceso á cultura e a información, pero tamén ao lecer, pois a lectura é, sen dúbida, unha das ofertas de ocio máis accesibles para todas as persoas.