Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal celebra o "Día do Libro" con actividades para nenos e adultos

21/04/2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O "DIA DO LIBRO"

 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza diversas actividades ao longo desta semana para conmemrar a celebración o vindeiro xoves, 23 de abril, do "Día do Libro", data na que se conmemora o falecemento dos egrexios escritores Miguel de Carvantes, Willian Shakespeare e O Inca Garcilaso de la Vega. En 1996 a Unesco declarou a esta data como "Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor".

A Biblioteca Municipal tudense ao abeiro da súa programación de actividades denominada "Mes do Libros" ten organizada as seguintes actividades para os vindeiro días:

 

Mércores 22 de abril - Contacontos para adultos: "Mulleres de palabra" con Charo Pita

A Biblioteca acollerá mañá ás 20,30 horas unha sesión de contacontos para adultos a cargo da narradora e actriz Charo Pita. "Espectáculo de historias onde a palabra faise ollada ao fondo das relacións humanas: fábulas posibles e imposibles que inventan día a día os ritos máis fantásticos de cortexo, apareamento, traballo, convivencia onde a felicidade, lonxe de se definir como a simples satisfacción do que se desexa, convértese nun cofre misterioso que endexamáis se remata de abrir. Relatos da propia narradora artellan esta sesión de contos, algúns recibidos desde a oralidade e adaptados por ela, outros incluidos no seu libro A la Sombra del Cuento, ed. Palabras del Candil, 2007".

 

Xoves 23 de abril - lectura para nenos de narracións escollidas do Quijote

Para remarcar a celebración desta xornada na que lembramos a Miguel de Cervantes e a súa inmortal obra "Don Quijote de la Mancha" a Biblioteca tudense convoca unha actividades de achegamento dos máis cativos a esta obra literaria. Así diversos persoeiros da vida tudense achéganse ata a Biblioteca para narrarlle aos seus usuarios máis novos diversos episodios da vida de D. Alonso de Quijano. Esta actividade comezará ás 18,00 horas.

 

Venres 24 - "Ulalume contacontos" presenta o seu espectáculo "O libro dos libros"

Actuación de contacontos con elementos teatrais, as Ulalume son xa un grupo veterán no eido dos contacontos da provincia da Coruña. Son un grupo versátil, con especial bagaxe nos contacontos infantís a través do seu exitoso espectáculo "O libro dos libros", no que estimulan os hábitos de leitura entre os nenos. Este grupo está encabezado por Estibaliz Espinosa, escritora, cantante e actriz galega. Este contacontos está dirixido aos rapaces entre 3 e 7 anos de idade e comezará ás 18,00 horas.

Tamén o mesmo veres un total de 75 alumnos do Insitituto de Ensino Secundario Francisco Sánchez visitarán a Biblioteca Municipal tudense para coñecer o seu funcionamento e os recursos que a bibliotecas ofrece para as súas necesidade de estudios ou de lecer.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta programación da Biblioteca Municipal tenta achegarse a diversos sectores de idade. Resalta especialmente que é a primeira vez que se organiza unha actividade de animación dirixida específicamente ao público xuvenil e adulto, como é a presenza da contacontos Charo Pita.

As actividades organizadas o mercores 22 e o venres 24 contan coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural ao abeiro do programa "Letras vivas".