Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal celebra o Día da Poesía cun contacontos mañá martes

22/03/2010

A BIBLIOTECA MUNICIPAL TUDENSE CELEBRA O DIA MUNDIAL DA POESIA CUNHA ACTIVIDADE PARA OS CATIVOS MAÑA MARTES

 

Onte domingo 21 de marzo, coincidindo coa entrada da primavera, se celebrou o "Día Mundial da Poesía", unha festa promovida pola UNESCO dende o ano 1999. O principal obxectivo desta celebración é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse. Neste día se pretende aopiar á poesia, o retorno á tradición oral dos recitais poéticos, promover o ensino da poesia e o diálogo da poesia coas outras artes ou manifestacións artísticas, en definitiva promover a poesia como unha expresión artística actual.

A Biblioteca Municipal de Tui se suma a esta celebración ofrecendo aos seus usuarios ao longo da xornada de hoxe lúns e mañá martes pequenos poemas do poeta español Miguel Hernández, de quen celebramos actualmente o centenario do seu nacemento. Unha celebración que rematará mañá martes coa celebración ás 17,30 horas dunha sesión de contacontos a cargo do grupo "Teatro Patán"  co contacontos "Palabra de chapeu. Contos para xogar". Unha sesión de contacontos no que os nenos e nenas, entre 6 e 9 anos de iadde, escoitarán e xogarán coas adiviñas, coa poesía e coa narrativa.

Esta actividade se realiza ao abiero do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Conselleria de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Tui.

Con esta sesión de contacontos comeza a sua actividade a Biblioteca Municipal de Tui que presentará en datas próximas un amplo programa para os meses de abril e maio, baixo a denminación de "Mes dos libros".

 

«La diversidad poética nos brinda otra manera de dialogar. Nos permite descubrir que todos y cada uno de nosotros, en cualquier punto de la Tierra, compartimos los mismos interrogantes y sentimientos. Es una faceta de nuestra libertad, es nuestra humanidad. Por eso la poesía debe ocupar el lugar que le corresponde en los programas de educación de calidad. Mediante al acceso a la poética del mundo entero, los jóvenes pueden disponer de un vector más, diferente, sutil y fluido, para mejorar su conocimiento y comprensión del prójimo. El descubrimiento de un nuevo poema constituye un acto de inmersión en la lengua, pero también en la emoción y la sensibilidad del otro, por más distante que se encuentre en términos geográficos.».

Directora General de la UNESCO, Irina Bokov