Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal amplia e mellora a súa oferta de servizos

2/06/2010

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI AMPLIA E MELLORA A SÚA OFERTA SERVIZOS AO PÚBLICO

 

Mércores, 2 de xuño de 2010. A Biblioteca Municipal tudense ven de incrementar a súa superficie de uso bibliotecario mellorando deste xeito a súa oferta de servizos a disposición dos seus usuarios. Grazas á colaboración da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo que ten subministrado diverso mobiliario para as seccións de cómic e de fondo local.

 

En concreto, a Biblioteca Pública Municipal de Tui ten incrementado en cerca de cen metros cadrados a súa superficie instalando nesta zona a sección de cómic da Biblioteca, o fondo local e mais diversos planeros para a custodia de fondos cartográficos e de carteis sobre temática local que conserva a Biblioteca tudense.

 

En concreto tratase do seguinte mobiliario:

-          2 planeros

-          2 expositores de cómic

-          1 mesa con 10 postos de lectura

-          Posto de control

-          8 Estanterías

-           

Con este novo equipamento a Biblioteca Pública Municipal de Tui continua traballando a prol de lograr un mellor servizo de acceso á información e á lectura a disposición dos cidadáns de Tui, consonte a obriga constitucional.

 

O Concelleiro de cultura de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, agradece, en primeiro lugar á Consellería de Cultura e Turismo, este novo exemplo de colaboración para mellorar os servizos culturais da nosa cidade, apoiando a importante aposta que este Concello ven realizando neste ámbito. Por outra banda, Rodríguez Pérez, amosa a súa satisfacción por dotar con este novo equipamento con novos servizos como a comiteca, respondendo ao obxectivo de mellorar a calidade deste servizo cultural.

 

Este novo equipamento xunto coa ampla programación de actividades desenvolvida pola Biblioteca nos meses de abril e maio ao abeiro da denominación de "Mes dos Libros" avala o importante labor que esta Concellería de Cultura realiza na Biblioteca Municipal, pois este servizo cultural de carácter permanente é unha ferramenta básica para a formación dos nosos cidadáns e para ampliar a oferta de lecer dos seus usuarios.