Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal abre hoxe a súa actividade de outono cun espectáculo de maxia: "O sorriso de Rosalía"

5/10/2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI ABRE A SÚA PROGRAMACIÓN DE OUTONO CUN ESPECTÁCULO DE MAXIA

 

Rapaces de 8 a 12 anos poderán asistir ó espectáculo de animación baseado na obra "O sorriso de Rosalía" que levará a cabo o mago Chrystyan Magic

 

 

Esta representación encádrase na campaña "Bocaberta", que promove a Dirección Xeral de Politica Lingüística, que inclúe a realización de accións de promoción da lingua galega dirixidas sobre todo á infancia e á mocidade. Coa colaboración da editorial Everest Galicia, a Biblioteca Municipal de Tui será testemuña da "Lingua Máxica", actividade dirixida a nenos e nenas de  entre 8 e 12 anos, neste caso baseada no libro "O sorriso de Rosalía". Será o vindeiro 5 de outubro (luns) a partires das 17:00 horas na propia Biblioteca Municipal tudense.

Bocaberta é o novo programa de dinamización lingüística da Dirección Xeral de Política Lingüística que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega nas franxas máis novas.  Trátase dun ambicioso programa de actividades, que se desenvolverán coa colaboración das principais editoriais en preto de 300 concellos de toda Galicia, dirixidas a nenos e mozos de entre 3 e 18 anos.

 

A animación correrá a cargo do mago Chrystyan Magic, que comezou a súa carreira como animador turístico, presentador e showman, realizando multitude proxectos de animación, de teatro e de espectáculos por toda Galicia. No ano 2.000 estrea o seu propio número de maxia na TVG.  Chrystyan Magic parte da base da animación e do recoñecemento co que conta coma mago. Na actualidade mantén mais de seis espectáculos diferentes en cartel.

 

A obra na que está baseada a animación é "O sorriso de Rosalía" de Cristina Sáez Cazallas con ilustracións de Noemí López (Col. Ler é Vivir. Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2007). Na obra cóntase a historia  de Rosalía, unha nena que ten oito anos e o sorriso más grande do mundo, pero o seu tesouro máis prezado é a súa capacidade para imaxinar, que a levará a coñecer lugares que só podemos visitar viaxando polas páxinas dos libros.

 

As actividades da Biblioteca continuarán na semana arredor do 24 de outubro "Día da Biblioteca".