Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As bandas de música de Tui, Matamá, Ribadumia, e a Militar de Marín actuarán nas festas de San Telmo

31/03/2026

O son das bandas de música populares é cada ano unha tradición no programa das festas de San Telmo. Este ano serán a  Banda  de Música Popular de Tui, e a Xuvenil de Tui, a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Banda de Música Municipal de Ribadumia e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín as encargadas dos concertos nas dúas fins de semana de festa. 

A Banda de Música Popular de Tui, baixo a dirección de Eloy Carrera, ofrecerá dous concertos o domingo 5 ás 12.30 h e o domingo 12 ás 18 h. Amais a Banda Xuvenil de Tui actuará o luns 13 h ás 12.30 h.

Mentres o domingo 5 ás 18 h actuará a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, Vigo, baixo a dirección de Enrique Lorenzo Vila. 

Ata Tui chegará o domingo 12 de abril a Banda de Música Municipal de Ribadumia.  Baixo a dirección de Lara González Cortés ofrecerá un programa festivo a partir das 12.30 h.

Estes concertos terán lugar no Paseo da Corredoira. 

Por último o luns 13 o Teatro Municipal acollerá ás 18 h o tradicional concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. Ofrecerán un amplo repertorio con composicións que van dende a música militar e popular á sinfónica. A banda está dirixida polo comandante Juan Luis Costas Martínez.