Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrece un concerto o sábado ás 20,30 h. no Teatro Municipal

24/09/2009

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrece un concerto en Tui

Será este sábado ás 20.30h no Teatro Municipal

 

Mércores, 22 de setembro de 2009.  O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 26 de setembro, ás 20.30h, un concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. A entrada é gratuíta e a apertura de portas terá lugar ás 20h.

 

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrecerá neste concerto, entre outras composicións,  as dúas pezas que vai interpretar o próximo 3 de outubro no IX Certame Provincial de Bandas de Música en Pontevedra, onde competirá na sección segunda. Trátase da peza obrigatoria "Esbozos sinfónicos", de Xosé Carlos Seráns e de Xenia Sarda, de Hardy Mertens coma obra libre. Esta agrupación estará dirixida por César Núñez Pérez

 

Concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora: Sábado 26 de setembro ás 20.30h

Entrada libre