Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Balance positivo da I Xornada de Negocio “Mulleres Conectadas” celebrado hoxe en Tui con preto de 40 participantes

29/03/2022

Balance positivo da primeira xornada de negocio “Mulleres Conectadas” celebrada esta mañá na Aula da UNED de Tui dentro da programación do Día Internacional da Muller.

Mulleres emprendedoras, empresarias e directivas de moi diversos ámbitos coñecéronse, compartiron experiencias e inquedanzas neste encontro que buscaba propiciar a formación de redes profesionais que a súa vez permitan xerar oportunidades laborais e de negocio.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, deulles á benvida a primeira hora da mañá amosando a súa satisfacción pola ampla participación rexistrada con case corenta mulleres inscritas pertencentes a sectores moi variados coma artesanía, hostalería, sanitario, consultoría, deseño,…

A continuación cada muller explicou de xeito breve a súa experiencia empresarial, dando paso logo a pequenos grupos de encontro no que se puideron coñecer máis polo muído, falar de proxectos e de realidades.

Tivo lugar amais a presentación de empresas coma Bodega Corisca, Ideas Peregrinas, Plaintec, Visualiza, Rectoral de Areas, Lenda Pet Food e Kooch, e os servizos de SmartPeme.