Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bádminton, concurso de debuxo, cinema, maxia e teatro actividades para mañá mércores nas festas de San Telmo

29/03/2016


Proseguen as festas e San Telmo 2016 con distintas propostas para mañá mércores.


 


A primeira cita será ás 11h, no pavillón do IES San Paio, con exhibición de bádminton a cargo do Club Bádminton Tui. Ata ás 13h disputaranse partidos nas oito pistas habilitadas no pavillón para todos os que desexen participar.


 


Novamente os nenos son os destinatarios das actividades infantís gratuítas que de 11.30h a 13.30h se celebrarán no Paseo da Corredoira, ou en caso de choiva trasladaranse á Área Panorámica, porta 4.  Mañá en concreto terá lugar un concurso de debuxos titulado “Imaxina e Debuxa” con En un Tris Tras. Nesta actividade os participantes poderán elaborar unha chapa co seu propio debuxo e todas as creacións exporanse na Área Panorámica. 


 


Ás 16.30h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, proxectarase a película infantil “Hotel Transilvania 2”. A entrada é libre ata completar o aforamento.


 


Ás 19h está prevista a actuación do Rei Midas e Valeria Varias cun espectáculo de maxia. Será no Paseo da Corredoira ou se chove na Sala Félix Rodríguez.


 


Para concluír a xornada terceira cita no Teatro Municipal dentro da VII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro de San Fins de Rebordáns estreará “A mesa do rincón” escrita por Mila Oya. O prezo da entrada é de 1,5€ e poranse á venda, no despacho de billetes, a partir das 20.45h.