Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Audiovisual "Únete á (r)evolución nos coidados"

12/03/2021

Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, o Concello de Tui realizou un audiovisual "Únete á (r)evolución nos coidados" . Rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia, e que ao tempo constitúe unha reivindicación do valor dun traballo absolutamente feminizado e invisibilizado no que urxe promover a corresponsabilidade.

Este audiovisual foi proxectado o luns 8 de marzo de 2021 no acto institucional celebrado no edificio dos antigos xulgados.