Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Até o luns 12 de xuño pódense presentar as solicitudes para a realización de fogueiras de San Xoán

25/05/2023

Até o luns 12 de xuño ás 13.30 h pódense presentar as solicitudes para a realización de Fogueiras de San Xoán no rexistro xeral do concello ou a través da sede electrónica. 

As fogueiras deberán realizarse en zonas idóneas para este fin, deberase presentar a póliza do seguro de responsabilidade civil, a distancia mínima as fogueiras ás casas, árbores ou outros elementos será de 20 metros, deberase ter a man mangueiras e extintores e non se poderán queimar neumáticos, plásticos, aceites ou sustancias que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión. Tamén está prohibido facer fogueiras nas praias e preto de elementos do patrimonio histórico.   A hora límite da celebración será ás 4 da madrugada segundo o horario establecido pola Xunta de Galicia. Rematada a celebración a fogueira deberá quedar completamente enterrada ou apagada, entre outras cuestións segundo se recolle no bando da alcaldía. 

Bando Fogueiras de San Xoán 2023

Modelo Solicitude Fogueiras de San Xoán 2023