Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o vindeiro mércores 4 de marzo está aberto o prazo para o concurso de carteis das festas de San Telmo 2009

26/02/2009

ATA O VINDEIRO MERCORES 4 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS PARA AS FESTAS DE SAN TELMO 2009

 

Ata o vindeiro mércores 4 de marzo está aberto o prazo de presentación de traballos ao concurso convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas, para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2009.

 

As persoas interesadas en participar neste certame teñen de enviar ou entregar, ata a devandita data, os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. Nas bases establécese un único premio de 500 euros.

 

Tanto a concepción como a técnica das obras a presentar é completamente libre, a organización do concurso convida aos participantes a plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súas propostas, destinadas a ser utilizada como imaxe oficial deste acontecemento festivo.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con este certame pretendese dotar dunha imaxe máis moderna e artística ao cartel das festas patronais tudense, ao tempo que favorecer a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos. Engade Rodríguez Pérez que confía na participación de deseñadores e afeccionados, especialmente, de Tui e a súa bisbarra que amosaran deste xeito á súa capacidade creativa.

 

A convocatoria deste concurso é unha das novidades que promove a Concellería de Cultura nas súas achegas as festas patronais xunto coa semana de teatro afeccionado que desenvolverase na semana grande das festas de San Telmo.

 

As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org ou da Concellería de Cultura tudense: www.culturatui.info