Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o venres segue aberta a exposición filatélica sobre o Camiño de Santiago

28/12/2010

ATA O VENRES SEGUE ABERTA A EXPOSICIÓN FILATÉLICA "CAMIÑO DE SANTIAGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE"

 

Luns, 27 de decembro de 2010. A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata este xoves 30 de decembro a exposición filatélica "Peche do Ano Santo 2010, o camiño de Santiago, patrimonio da humanidade" coa colección de selos do filatelista tudense Carlos Pérez-Fonterosa Antón.

 

Esta exposición organizado polo Grupo Filatélico e Numismático Tudense coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui recolle unha excepcional colección filatélica que realiza un percorrido polos diversos enclaves dos camiños xacobeos, recollendo emisións filatélica de numerosos países.

 

Complementa a mostra filatélica unha selección de imaxes do Apóstolo Santiago procedentes de diversas coleccións particulares e de diversos templos da Tui e a súa diocese o que outórgalle una maior interese á visita a esta exposición.

 

Co gallo da celebración desta mostra filatélica existe un mataselos especial concedido por Correos, que estará a disposición de todos os interesados na propia Sala Municipal de Exposicións.

 

Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro de cultura tudense, congratúlase que a programación de actividades vinculadas a este ano xacobeo na nosa cidade, tan estreitamente ligada ás peregrinacións como porta de entrada en Galicia do camiño portugués, teña este magnifico colofón con esta mostra filatélica dun coleccionista tudense.

 

Nunha nova oportunidade Tui convertese na capital da filatelia en Galicia, mantendo o prestixio adquirido ao longo de varias décadas de actividade do "Grupo Filatélico e Numismático" de Tui que organiza anualmente unha cita de grande altura sobre o coleccionismo filatélico e que resulta de grande atractivo e interese, non xa para os amantes do mundo dos selos, senón para as persoas interesadas pola arte e a cultura e mesmo para calquera curioso que atopará na mostra elementos novidosos e salientables.