Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o sábado está aberta a exposición fotográfica "Norte de Portugal, visoes contemporaneas"

12/03/2009

ATA O VINDEIRO SÁBADO 14 DE MARZO ESTÁ ABERTA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIA "NORTE DE PORTUGAL: VISOES CONTEMPORÁNEAS"

 

Ata o vindeiro sábado 14 de marzo podemos contemplar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a exposición de fotografía " Norte de Portugal, visoes contemporáneas" que organiza a Comisiao de Coordinaçao e Desenvolvimento Regional de Norte en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Tui.

 

A exposición está integrada por un conxunto de fotografías en grande formato de prestixiosos fotógrafos internacionais:

-          Oded Shimshom

-          Anibal Lemos

-          Jamey Stillings

-          Júlio de Matos

 

Composta por 48 obras que abranguen desde paisaxes a valores humanos, patrimoniais, económicos, naturais e urbanos, presentando imaxes e intuicións novas e cosmopolitas, particulares e simbolicamente universais.

 

O traxecto que se suscita con esta exposición serve de motivo para o aprofundamento do coñecemento mutuo entre Galicia e o Norte de Portugal, terras veciñas cunha memoria, unha lingua e un futuro en común.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta exposición é un importante acontecemento cultural para a nosa cidade pois amais de poder contar cunha mostra na que participan recoñecidos fotógrafos de prestixio internacional supón consolidar á cidade de Tui como un elemento referencial nas relacións entre Galicia e o Norte de Portugal, consolidando a vocación de "ponte" da nosa localidade. Este Concello de Tui agradece moi especialmente ao Presidente da Comisiao de Coordenaçao e Desenvolvimento do Norte de Portugal, o Dr. Carlos Lage, o seu interese en que esta exposición puidese ser contemplada na nosa cidade e, especialmente, a súa participación no acto inaugural do pasado 2 de marzo dándolle unha singular relevancia ao mesmo.