Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o domingo segue aberta a exposición sobre Francisco Sánchez

11/09/2009

ATA O DOMINGO ESTÁ ABERTA AO PÚBLICO A EXPOSICIÓN SOBRE O FILÓSOFO TUDENSE FRANCISCO SÁNCHEZ

 

Ata o vindeiro domingo 13 de setembro está aberta ao público, no Museo Municipal -ubicado no antigo convento de San Domingos- unha exposición biográfica sobre o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Esta exposición forma parte do programa de actividades organizado con motivo da celebración da "Xornada Europea da Cultura Xudía" celebrada na nosa cidade a pasada fin de semana.

Francisco Sánchez (Tui, 1550 - Toulouse 1623) é unha das personalidades máis sobranceiras do pensamento europeo do Renacemento e a súa obra filosófica "Quod nihil scitur" (Que nada se sabe) é un referente do pensamento moderno.

Sánchez naceu en Tui nunha familia de orixes xudíos; o seu pai, Antonio Sánchez, é médico do Cabido tudense en 1558 e as súas orixes familiares están en Aragón dende onde fuxiran pola presión antixudea a terras galegas. A pesares dunha estensa polémica historiográfica sobre o lugar de nacemento deste filósofo (que moitos investigadores portugueses reclaman de Braga) o propio pensador deixou escrito que era "natus in civitatis Tudensis". Logo foi baurizado en Braga en xuño de 1551 e de novo a familia retornoará a Tui arredor de 1558 para que o pai traballe para op Cabido da Catedral. As presións da recen creada Inquisición en Galicia forzan a súa marcha, en 1562, cara a cidade francesa de Burdeos.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición forma parte do amplo esforzo que desenvolve o Concello de Tui a prol da recuperación da nosa historia, dos perseoiros egrexios que ten dado esta cidade ao longo dos séculos... pois é un xeito de promover o coñecemento e valorización do noso patrimonio cultural.

A exposición está aberta ao público diariamente de 18,00  a 21,00 horas.