Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Asociación O Pelouro recibe unha subvención de 2.037 euros para realizar talleres

27/06/2014

 

Xoves, 26 de xuño de 2014. Esta semana alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, como deputado provincial fixo entrega dunha subvención á Asociación O Pelouro por importe de 2.037 euros para a realización de talleres múltiples. Para a entrega desta axuda o alcalde recibiu a Teresa Ubeira, Laura Llauder e Fernando Sueiro da Asociación O Pelouro.

 

Esta achega da Deputación Provincial forma parte das subvencións dirixidas a entidades de Iniciativa Social no marco da prestación de Servizos Sociais de Atención Especializada, que se leva a cabo dende o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da institución provincial.

 

A asociación O Pelouro desenvolve a súa actividade no Colexio O Pelouro fundado en 1973 por Juan Llauder e Teresa Ubeira en Caldelas, no termo municipal de Tui.