Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Artestudio Teatro presenta o venres ás 20 h. no Teatro Municipal "Contos no ar" unha obra para público familiar

12/05/2011

Artestudio Teatro presenta “Contos no ar”

O espectáculo vai dirixido a público familiar a partir dos 5 anos

A representación será ás 20h, no Teatro Municipal

 

 

Xoves, 12 de maio de 2011.  Mañá venres prosegue a programación do Teatro Municipal de Tui da man da compañía Artestudio Teatro que representa a partir das 20h “Contos no ar”. Este espectáculo vai dirixido a público familiar a partir dos 5 anos.  Está dirixido e interpretado por Ramiro Neira.

 

“Contos no ar” achéganos ata o fabuloso Mundo das Ideas  onde está o País dos contos.  Peter Hamelin Merlín, tamén coñecido por “TI”, viaxa ata alí onde se atopa con contos alegres e tristes, grandes e pequenos, divertidos e terroríficos... El atrápaos con grandes palabras e méteos en gaiolas para poder entregarllos aos nenos. Os cativos son quen de abrir esas gaiolas e liberar aos contos que sairán voando.

 

Artestudio é xestionada dende agosto 2005 por Estefanía Vázquez, pedagoga social e animadora sociocultural, que pretende darlle un enfoque educativo ás actividades que dende ese momento se levan a cabo. Artestudio Teatro está dirixido artísticamente por Ramiro Neira, actor e director teatral galego, cunha ampla traxectoria no mundo artístico.

 

As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Artestudio Teatro con “Contos no ar”

Data:  Venres, 13 de maio, ás 20h

Prezo das entradas: 3 - 2

Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h

Máis información en: www.culturatui.info ou en www.artestudioxestioncultural.com