Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aprazada a presentación da Volta Galicia Máster de Ciclismo

13/04/2015

A presentación da Volta Galicia Máster de Ciclismo, marcada para mañá martes 14, queda aprazada para unha nova data aínda sen confirmar.

A organización desta proba deportiva, que corre a cargo do Club Ciclista de la Fuente, en colaboración cos concellos de Tui, O Porriño e Tomiño, así como da Federación Galega de Ciclismo, informará proximamente da data de celebración desta presentación.