Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Apertura das inscricións para participar no Campamento de Verán Tui 2025

4/04/2025

As solicitudes poderán presentarse do 30 de abril ao 14 de maio. Ofértanse 4 quendas

Do 30 de abril ao 14 de maio, o Concello de Tui terá aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2025, que se celebrará en catro quendas, nos meses de xullo e agosto.

O campamento, que vai destinado aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda). Esta actividade ten por obxectivo, por unha banda, ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos nenos e nenas, e por outra facilitar aos pais, nais ou titores e titoras, unha opción de conciliación da vida familiar e laboral.

Incorporará, como en anos anteriores, actividades con perspectiva de xénero para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, nos nenos e nenas participantes, en aras a acadar unha igualdade real e efectiva na sociedade do futuro.

A primeira quenda será do 1 ao 15 de xullo, a segunda do 16 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 14 de agosto e a cuarta, do 18 ao 29 de agosto. O horario do campamento será de 09.00 a 14.00 horas, con opción de aula matinal dende as 07.45 horas e aula de sobremesa ata as 15.15 horas. O prezo será o mesmo que nos anos anteriores, 30,56€ por participante e quenda.

As inscricións poderán facerse nas datas previstas, a través da sede electrónica do Concello de Tui o de forma presencial no rexistro do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.

Toda a documentación poderá descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal o recollela na secretaría do Concello de Tui.

Solicitude Campamento de Verán Igual É + 2025

Campamento de Verán Igual É + 2025 - Condicións Xerais