Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ao longo do mes de novembro celebrarase o programa Quero Formación dentro da iniciativa Quero Tui

28/10/2020

A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa para as sesións que se impartirá en liña

Impulsar a transformación e dixitalización do comercio e a hostalería local é o obxectivo do programa de formación QueroFormación que se realizará durante o mes de novembro dentro da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui.

Este proxecto formativo desenvolvarse en formato en liña, ante as actuais circunstancias derivadas da pandemia da COVID 19.  Consistirá na emisión de videocoferencias que conectarán aos comerciantes tudenses coas necesidades reais do mercado actual.

Quero Formación será un espazo de encontro virtual entre emprendedores, expertos formadores e profesionais de éxito da nosa cidade  experimentados en diversas áreas de negocio. O obxectivo é proporcionar unha base firme para entender a dimensión dos cambios que se están a producir e potenciar unha actitude de reacción inmediata para favorecer ao comercio local e ás pequenas empresas da cidade.

Este programa de formación que pretende ofrecer ferramentas para repensar a estratexia empresarial nun entorno incerto e cambiante está impulsado polo Concello de Tui, a través da Concellería Formación e Emprego, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercado que dirixe Ana María Núñez.

Os relatores de Quero Formación veñen de áreas tan diversas como o marketing dixital, o neuromarketig e intelixencia comercial, a intelixencia emocional, as finanzas, o asesoramento de empresas, a xestión de subvencións ou a formación. Ao longo das sesións previstas brindarase aos participantes as claves para facer os seus negocios máis competitivos e viables.

Quero Formación celebrarase os martes, mércores e xoves entre o 3 e o 24 de novembro,  de 15.30 a 16.30 h a través de videoconferencias en directo. Posteriormente poderase acceder a estes vídeos a través da plataforma de comercio etui.es, que está actualmente en proceso de crecemento.

A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa por parte dos e das autonómos, pemes e futuros emprededores interesados. Para iso deberán anotarse no teléfono 986 986 60 39 49, no correo electrónico comercio@tui.gal ou por whatsapp no número 619 217 218.