Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Anuncio de aprobación inicial de Ordenanza Reguladora da Provisión de Biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria

4/10/2022

Aprobada inicialmente a Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria por acordo do Pleno de data 29 de setembro de 2022, queda exposto ó público o expediente, por un prazo de trinta días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Durante o devandito prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera persoa interesada na páxina web do Concello de Tui (https://tui.gal/) na súa sede electrónica (https://concellotui.sedelectronica.gal/board), así como no departamento de Secretaría do concello, en horario de 09:00 a 14:00 h, de luns a venres.

De presentarse reclamacións en prazo, resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación. No caso de que non se tivese presentado ningunha reclamación, este acordo elevarase automaticamente a definitivo, entrando en vigor a ordenanza unha vez aprobada definitivamente e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei Reguladora das Bases do réxime Local.

Máis información e ordenanza