Anuncio de aprobación inicial da Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa
Aprobada inicialmente a Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa por acordo do Pleno de data 1 de abril de 2024, queda exposto ó público o expediente, por un prazo de trinta días hábiles, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
De presentarse reclamacións en prazo resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación, e en caso de non presentarse, o presente acordo elevarase automaticamente a definitivo, entrando en vigor a ordenanza, unha vez aprobada definitivamente e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei Reguladora das Bases do réxime Local.
O expediente pódese consultar no departamento de urbanismo do Concello de Tui, en horario de atención o público (de 9:00 a 14:00 horas), o ben no Portal de Transparencia do Concello de Tui, no enderezo: https://concellotui.sedelectronica.gal/transparency/2f2b45a2-abac-42f6-9...