A andaina saudable “Rego da pedra”, organizada pola Eurocidade, terá lugar este domingo 25 de outubro
22/10/2015
Xoves, 22 de outubro de 2015. Este domingo 25 de outubro, a partir das 10.00 horas españolas, realizarase un novo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, "Andaina Rego da Pedra", que sairá dende o aparcadoiro da Casa Forestal do Monte Aloia.
Esta andaina percorrerá sendas e camiños do Parque Natural do Monte Aloia e dos montes de Pazos de Reis, sendo a distancia aproximada de 8 quilómetros, cun grao de dificultade medio e unha duración de ó redor de tres horas.
Como de costume, o punto de encontro alternativo será o parquing do Centro Interfederado, ás 09.45 horas españolas