Amplíase a recollida selectiva no rural coa instalación de 10 colectores de vidro
8/07/2020
En breve serán colocados 90 contedores máis
O Concello de Tui amplía a recollida selectiva do lixo no rural coa colocación de dez novos colectores verde para vidro que foron recibidos no día de hoxe.
Co obxectivo de reforzar a recollida selectiva no ámbito rural en breve serán instalados nas distintas parroquias 90 novos colectores de reciclado.
Estas actuacións súmanse á colocación de contedores para a recollida de aceite de cociña usado e de roupa, calzado e complementos, que se ten realizado nos últimos meses. Así coma tamén ao novos colectores de material 100% reciclados que se están empregando xa en distintos punto, tanto no rural coma no mercado do xoves.