Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Amplíase ata finais de outubro a exposición “Prateiros Xudíos e conversos en Tui”

24/09/2010

AMPLIASE ATA FINAIS DE OUTUBRO A EXPOSICIÓN “PRATEIROS XUDIOS E CONVERSOS EN TUI”

A exposición “Prateiros xudios e conversos en Tui” que recolle unha escolma do traballo dos outives de ascendencia hebrea que traballaron para o Cabido tudense nos últimos séculos da Idade Media e mesmo no século XVI e XVII, e que tiña previsto clausurarse nestes días ten sido ampliada ata finais do vindeiro mes de outubro, respostando así ao interese amosado polos visitantes da Catedral tudense. A exposición organizada pola Concelleria de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración do Cabido catedralicio, Museo Diocesano e a Asociación de Amigos da Catedral, está comisariada polos historiadores José Ramón Fernández e Suso Vila e foi inaugurada o pasado 3 de setembro ao abeiro do programa de actividades da Xornada Europea da Cultura Xudía.  Na mostra, que incide na temática desta Xornada Europea da Cultura Xudía, dedicada neste ano 2010 a “Arte e xudaismo”, podemos contemplar unha ducía de pezas en prata como o baston de San Telmo (1529), a primitiva arca- relicario do santo ou a cabeza de San Binardo obras de Pedro Amín, ou mesmo o chamado “Cáliz de coco” ou de San Pantaleón. Están tamen obras de conversos portugueses como Sebastian de Matos representado coas  cabezas de prata de San Valerio, San Abundio e San Antimio amáis do brazo de prata de San Xulián de Antioquía, obras todas conservadas no altar relicario da catedral ou mesmo a cruz parroquial de O Porriño obra de Joan de Sousa.
No texto realizado para documentar esta mostra os comisarios salientan que la importancia de Tui, la presencia de la Catedral y las necesidades del culto motivarán la creación de obras de platería, que en muchos casos serían responsabilidad de los plateros judíos y conversos, que a pesar del cambio social obrado tras la expulsión de 1492, seguirán trabajando y realizando obras de arte en esta ciudad. A situación periférica de Galicia, que evitou grandes conflitos sociais cos xudios e a serodia aparicion da Inquisición, xunto coa posición fronteiriza tudense, que favorecia a circulación de personas e mercancias, xustifica a presenza deste conxunto patrimonial conservado na actualidade dos Museos Catedralicio e Diocesano tudense.
Para o concelleiro de cultura tudense esta exposición amosa a riqueza patrimonial que conserva a nosa cidade, integrada non só polos grandes edificios do conxunto histórico senón por pezas mobles como as que conforman esta mostra que testemuñan a rica historia tudense. Dende a Concelleria agradecen a colaboración do Cabido e o traballo desenvolvido polos comisarios da exposición e do Museo Diocesano, pois a cooperación entre os diversos estamentos e colectivos da cidade é un camiño seguro para a posta en valor do noso patrimonio, neste caso o referido á presenza dunha comunidade xudía na nosa localidade ao longo de varios séculos.