Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ampliadas ata o 4 de setembro as xornadas de portas abertas no Telecentro de Tui

31/08/2009

O pasado lúns 17 de agosto o Telecentro de Tui comezara a realización dunhas "xornadas de portas abertas" dirixidas a toda a poboación tudense para a difusión dos recursos que ofrece á cidadanía o Telecentro do Concello de Tui. Unha iniciativa que chegaba ata este lúns 31 de agosto.

Diante da favorable acollida desta inicitiva que fornece aos cidadáns a posibilidade de acceso ás novas tecnoloxias da información  e a comunicación, a Concelleria de Cultura do Concello de Tui ven de prorrogar estas Xornadas de Portas Abertas ata o vindeiro venres 4 de setembro.

Asíde 11,00 a 14,00 horas aqueles veciños interesados en coñecer este Telecentro poderan acceder aos recursos dos que dispón este servizo municipal, que tenta superar a fenda dixital que sufren os cidadáns da nosa Comunidade Autónoma no acceso ás novas tecnoloxias da información e a comunicación.

Os obxectivos do Telecentro de Comunicación son os seguintes:

  • Ser un espazo aberto de comunicación.
  • Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
  • Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
  • Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías.
  • Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

 

Este Telecentro atópase situado no primeiro andar do edificio Área Panorámica, na céntrica rúa Colón da nosa cidade, e está integrado na Rede de Telecentros de Comunicación da Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia que xestiona, de forma coordinada, esta rede coa posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación. Este proxecto esta cofinanciado cos Fondos Feder da Unión Europea.