Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ampla oferta deportiva durante as Festas de San Telmo

24/03/2016


Exhibicións, torneos e actividades para nenos conforman un amplo programa deportivo que se vai desenvolver durante as festas de San Telmo organizadas polo Concello de Tui, e que neste caso conta co apoio de oito clubs deportivos.


A programación comezará coa actividade “Judo para nenos”, organizada polo Judo Club Tudense , o luns 28 e martes 29, de 11.00 a 13.00 horas, no pavillón deportivo municipal novo. Nesta actividade poderán participar nenos e nenas a partir dos cinco anos, sendo necesaria a inscrición a través do enderezo electrónico jctudense@gmail.com, ou no teléfono 689.018.511. As prazas son limitadas.


O mércores 30, organizado co apoio do Club Bádminton Tui , dende ás 11.00 horas, no pavillón deportivo do IES San Paio, se realizará unha xornada de “Exhibición de bádminton”. Disputaranse partidos nas oito pistas habilitadas no pavillón para todos os asistentes que desexen participar.


 


O Judo Club Tudense organizará o xoves 31, a partir das 18.00 horas, no Paseo da Corredoira de Tui, unha “Exhibición de Judo”, onde os deportistas do club, tanto das categorías de base, como os judocas sénior, demostrarán as habilidades desenvolvidas neste deporte.


 


O venres 1 de abril, será o CPA Ribex de Tui quen realice unha “Exhibición de patinaxe”, a partir das 19.00 horas, no Paseo da Corredoira de Tui. As recentes subcampioas da Copa de España e oitavas clasificadas no Campionato de España, farán diferentes coreografías, tanto en grupos pequenos, como en grupos show.


 


O Club AndaTui Rego da Pedra , en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro do calendario de andainas saudables, organizará a “Andaina de San Telmo”. Será o sábado 2 de abril con saída ás 10.00 horas, dende o Palco da Música do Paseo da Corredoira. Para participar nesta andaina será obrigatorio a inscrición a través da páxina web www.andatui.es, a un prezo de 5€ para adultos, e 3€ para menores de 12 anos.


 


Tamén o sábado 2 ás 10.30 horas, no Paseo da Corredoira, celebrarase a recuperada “Carreira da Broa”, dentro dunha xornada que incluirá “Xogos populares”. Para participar nesta carreira, todos os interesados, entre os 5 e os 16 anos, poderán inscribirse directamente na zona de saída, a partir das 10.00 horas, repartíndose en diferentes categorías, sendo os premios roscóns doados por panaderías tudenses.


 


Na xornada do sábado tarde, tres serán as actividades deportivas programadas. O Club Tenis Tui organizará o “Tenis na Rúa”, actividade que ven tendo moito éxito nas últimas edicións das Festas de San Telmo. A partir das 16.00 horas, no Paseo da Corredoira, 5 pistas de minitenis albergarán as competicións organizadas polos adestradores do club, para todos os participantes que desexen inscribirse nese momento.


 


Tamén a partir das 16.00 horas, no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui, se realizará unha competición nova, o “I Torneo Slot Festas de San Telmo”, organizado polo Club MosSlot . Cinco pistas de scalextric albergarán esta competición, incluída dentro do Campionato de Slot 1/32.


 


E no Campo de Fútbol Municipal “Álvarez Durán”, a partir das 16.00 horas, celebrarase a “Copa San Telmo Eurocidade”, triangular de fútbol veterano, entre os equipos do S.C.Valenciano , o Real Celta de Vigo Veterano e o equipo local, Tyde F.C.


 


O domingo 3 de abril, a partir das 10.30 horas, o Club Atletismo Tui-Thermalia e o propio concello, organizarán a “Carreira Popular de San Telmo”, proba atlética solidaria a favor da Asociación SOS Baixo Miño, que percorrerá as rúas de Tui, e que se disputará dende o Paseo da Corredoira de Tui. As inscricións para participar nesta carreira  realizaranse a través da web https://clubatletismotui.wordpress.com/, ata o xoves 31.


 


Para rematar a actividade deportiva destas festas, e tamén organizado polo Club MosSlot , o luns de San Telmo, a partir das 16.00 horas, no pavillón do IES San Paio de Tui, se disputará o “Campionato Popular de Slot Festas de San Telmo”, no que poderán participar todos aqueles que fagan a inscrición, a través do http://mosslot.weebly.com/