Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Alumnado do curso de Mestría en Compostaxe realizou prácticas en Tui

18/03/2024

Coñeceron o Plan Municipal de Compostaxe e os traballos tanto nos composteiros individuais coma nos comunitario

Alumnado do curso de Mestría en Compostaxe Nivel 3  organizado por  Composta en Red, entidade coa que colabora o Concello de Tui, realizou a semana pasada prácticas en Tui.

En concreto estas persoas procedentes de Asturias e do norte de Galicia,  puideron coñecer polo miúdo o Plan Municipal de Compostaxe, tanto no que se refire á situación como á acción que se está realizar na xestión de residuos en Tui. Na parte práctica realizaron os traballos necesarios tanto nos composteiros domésticos repartidos no termo municipal, como nos centros de compostaxe comunitario situados nos centro urbano.

A xornada comezou cunha charla sobre a xestión municipal de residuos, o alumnado coñeceu o funcionamento dunha biotrituradora, practicando coa trituración de ramallada procedente dos restos de poda municipal e coa que se obtén o estruturante, viruta de madeira limpa, que é un ingrediente esencial para que a compostaxe comunitaria sexa efectiva.  A continuación visitaron a unha usuaria do servizo de compostaxe doméstica que mostrou como estaba a compostar os residuos orgánicos xerados no seu domicilio. Finalmente desprazáronse aos  centro de compostaxe comunitaria onde aprenderon o manexo e a correcta xestión dos biorresiduos.  A valoración da xornada foi moi positiva pola activa participación do alumnado.

Este curso de Mestría en Compostaxe ten como obxectivo dotar de coñecementos tanto teóricos como prácticos sobre a compostaxe descentralizada e apostar pola profesionalización dos e das mestras composteiras dende un perfil técnico.

Composta en Red é unha rede coordinadora de entidades que apoian e traballan no eido da compostaxe doméstica e descentralizada.