Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ainda fican prazas para o curso de condución eficiente do vindeiro lúns 24 de maio

18/05/2010

AINDA HAI PRAZAS PARA O CURSO DE CONDUCIÓN EFECIENTE DO VINDEIRO LÚNS 24 DE MAIO

 

O Concello de Tui, a través da súa concelleria de cultura, organiza un curso de conducción efeciente na nosa cidade o vindeiro lúns 24 de maio .Esta actividade de caracter gratuito está dirixida a todos os veciños e veciñas de Tui sen limitación algunha  e terá lugar no Telecentro do Edificio Área Panorámica de Tui en horários de 10,00 a 12,00, 12,00 a 14,00, 16, 00 a 18,00 e 18,00 a 20,00 horas cun máximo de 8 alumnos por quenda (se houbere poucos matriculados poderian ser reagrupados os horarios).

Ainda existen prazas libres nas diversas quendas pólo que animamos aos interesados a inscribirse axiña.

 

Obxectivos

O obxectivo destes cursos, é realizar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución para promover un cambio de actitude nos usuarios.

A condución eficiente consiste en aplicar unha serie de técnicas para reducir o consumo de combustible e a contaminación medioambiental e ademais, conseguir aumentar a seguridade viaria e o confort a bordo. Segundo datos facilitados polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía (IDAE) os españois aforrarían un 15% anual en combustible cunha condución máis económica e sen diminuír a velocidade media.

Profesorado

O curso contará con monitores/as expertos/as que explican as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. O alumnado terá a posibilidade de comparar a influencia das técnicas de condución no consumo de combustible mediante unha proba práctica antes e despois da sesión teórica.

Estructura

O curso realízase nunha única sesión cunha duración aproximada de 2 horas, sendo a estructura do curso:

  • Quenda de condución normal por cada alumno/a
  • Sesión teórica
  • Quenda de condución por parte de cada alumno/a, aplicando as técnicas de condución eficiente
  • Exposición de resultados das quendas

Para a realización das prácticas porase a disposición dos alumnos/as un vehículo con medición de consumo. O número de alumnos por vehículo será como máximo de catro. As roldas de condución serán realizadas por cada un dos catro alumnos do grupo.

O curso levarase a cabo nun percorrido que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación (cruzamentos, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo.

A os asistentes entregaráselle un Manual de condución eficiente así como un diploma acreditativo da participación no curso.

Requisitos

Contar cun mínimo de 8 persoas que dispoñan de carné de conducir tipo B e sexan condutores habituais. O día do curso os alumnos terán que levar orixinal e fotocopia do carné de conducir. O custe do curso é gratuito.

As personas interesadas deben cubrir a corresponde ficha de inscrición e entregala na Biblioteca Municipal. A inscrición poden realizala a través do correo electrónico: biblioteca@concellotui.org, indicando os seus datos personais, DNI, e telefono de contacto.

Para o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, está actividade é unha testemuña da aposta do Concello tudense pola sostebilidade. Este curso está organizado en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxia de Vigo.