Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Agrupación musical do Rosal actúa o sábado no Teatro Municipal

2/10/2009

A Agrupación Musical do Rosal actúa o sábado no Teatro Municipal

O Concerto será ás 20.30h con entrada gratuíta

 

Xoves, 1 de outubro de 2009.  O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 3 de outubro, ás 20.30h, un concerto da Agrupación Musical do Rosal. A entrada é gratuíta e a apertura de portas terá lugar ás 20h.

 

A Banda de Música rosaleira ofrecerá neste concerto, entre outras composicións,  as dúas pezas que vai interpretar este domingo, 4 de outubro no IX Certame Provincial de Bandas de Música en Pontevedra, onde competirá na sección especial. Trátase da peza obrigatoria "Esbozos "Meigas", de Juan-Gonzalo Gómez Deval e Pinos de Roma, de Ottorino Respighi, transcr. Yoshihiro Kimura coma obra libre. Esta agrupación estará dirixida por Diego Javier Lorente López.

 

Concerto da Agrupación Musical do Rosal

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora: Sábado 3 de outubro ás 20.30h

Entrada libre